A Casa Antigua de San José é unha impresionante casa de labranza situada nun enclave privilexiado das Rías Baixas, naVila de Rianxo. A vivenda atópase dentro dunha finca con frutais e viñedos, cabazo, grella, pozo, lavadoiro, lagar de pedra, adega, etc. e dispón dun amplo xardín con cómodas hamacas. O conxunto é un remanso de paz con espectaculares vistas á Ría de Arousa e á Serra do Barbanza.
O edificio, unha casona galega que data de 1660, ten unha superficie de 250 m² e foi totalmente rehabilitada (no 2002) para a súa apertura ao público como aloxamento rural no ano 2003.
Cunha capacidade total para 12 persoas, dispon de 4 habitacions dobres e 4 camas supretorias distribuídas entre as prantas 1ª e 2ª da casa e están decoradas cun sobrio estilo rústico.
Consultar Dispoñibilidade
NO CASO DE QUE DESEXE REALIZAR A RESERVA DO SEU BONO/S, DEBERÁ ENCHER O FORMULARIO QUE SE LLE MOSTRA A CONTINUACIÓN. A central de reservas de Turgalicia poñerase en contacto con vostede pra confirmar a súa petición. Pode tamén xestionar a súa reserva contactando directamente con Turgalicia no 902 200 432 indicando Programa Bonos Fegatur.
Cubra os campos do formulario. Os que estan marcados en vermello son obrigatorios