Casa de Labranza do Ano 1908, situada na zona poboada máis elevada do cabo Finisterre (lugar da Ínsua, 120 habitantes), o que lle permite ser un auténtico mirador á bahía do Finisterre polo leste e ao oceáno Atlántico polo oeste, facéndolle gozar duns amenceres e postas de sol únicos. O labrador e cantero Antonio de Pedro(1877-1964) á súa volta de Cuba E Arxentina construíu a casa na leira "Pradiño". Dúas xeracións máis seguiron a tradición familiar de labradores na casa que hoxe é o Hotel Rústico Ínsula Finisterrae(2004), propiedade do bisneto de José Antonio Canosa Valdomar e Asunción Canosa Pequeno.
Consultar Dispoñibilidade
NO CASO DE QUE DESEXE REALIZAR A RESERVA DO SEU BONO/S, DEBERÁ ENCHER O FORMULARIO QUE SE LLE MOSTRA A CONTINUACIÓN. A central de reservas de Turgalicia poñerase en contacto con vostede pra confirmar a súa petición. Pode tamén xestionar a súa reserva contactando directamente con Turgalicia no 902 200 432 indicando Programa Bonos Fegatur.
Cubra os campos do formulario. Os que estan marcados en vermello son obrigatorios